Inaugurada unha exposición na Casa da Cultura de Xinzo

Inauguración exposición
Inaugurada unha exposición na Casa da Cultura de Xinzo

Os avances na investigación contra o cancro, en imaxes

A palabra cancro asusta. Aínda é unha das enfermidades máis temidas, pero é necesario botar a vista atrás para recoñecer os avances da investigación. A Casa da Cultura de Xinzo de Limia é o escenario da exposición que leva por título “50 anos cambiando a historia do cancro” e que promove a AECC. A mostra pretende dar a coñecer o traballo que nos últimos anos contribuíron, co impulso da Asociación Española contra o Cancro, a abordar todas as fases na progresión da enfermidade, dende a prevención ata a procura de novos tratamentos máis específicos. A alcaldesa, Elvira Lama, estivo presente na inauguración, acompañada de Germán Rodríguez-Saá, presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, e Kelly Pereira, traballadora social da entidade en Xinzo de Limia. A exposición poderá visitarse desde hoxe ata o 21 de xaneiro e amosa os fitos máis importantes do avance científico en oncoloxía a nivel nacional e autonómico