27 de agosto de 2019, 16:56
Outra vez máis o Espazo Lector Nobel de Xinzo nos traerá ata a vila a Mercedes Bouzo, escritora galega, que nesta ocasión virá para contarnos o conto “Lobiños” .
Mercedes Bouzo é unha vella coñecida no espazo, que de seguro fará gozar a todos os presentes, en especial aos máis cativos co conto escrito por Jose Carlos Román con ilustracións de David R. Lorenzo.
Marabilloso conto no que o neno descobre que no bosque, como na vida, as cousas non sempre son o que parecen
José Carlos Román é profesor de Educación Infantil e ten xa publicados sete libros infantís. David Rodríguez Lorenzo é licenciado en Belas Artes e Ilustración.