Mañá abre ao público unha exposición fotográfica de Carlos Casares

CARTEL CARLOS CASARES E A FOTOGRAFÍA
Mañá abre ao público unha exposición fotográfica de Carlos Casares

No Casino Antelano de Xinzo de Limia.

Mañá mércores, a partires das 15:00 horas, abrirase ao público a exposición "Carlos Casares e a fotografía" no Casino Antelano do municipio de Xinzo de Limia. Esta exposición ábrese con motivo da inminente celebración do Día das Letras Galegas –o vindeiro 17 de maio– na honra deste prolífico escritos limián.

Esta exposición estará aberta a tdos os veciños e visitantes que se queiran achegar ata o 7 de maio. Poderá visitarse todos os días en horario de 15:00 a 21:30 horas. Trátase dunha nova oportunidade para coñecer máis de preto ao que foi un dos nosos veciños máis ilustres.