Mañá preséntase o libro "Historias (que estaban) nun caixón" na Casa da Cultura de Xinzo

PRESENTACIÓN
Mañá preséntase o libro "Historias (que estaban) nun caixón" na Casa da Cultura de Xinzo

Así mesmo, ás 21:00 horas, no mesmo lugar, presentarase o primeiro libro editado polo dendealimia.com "Lolo en bicicleta e Carlos en moto".

Mañá venres, día 28 de abril, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá a presentación do libro "Historias (que estaban) nun caixón" de Manoel Fontemoura. O acto terá lugar a partir das 20:00 horas e, ademáis do autor, falarán membros da directiva de Teatro Aneis, así como algúns dos seus actores e actrices.

Así mesmo, ás 21:00 horas, no mesmo lugar, presentarase o primeiro libro editado polo dendealimia.com "Lolo en bicicleta e Carlos en moto", unha biografía de Carlos Casares para nenos escrita polo limián Rafael Laso.