María do Ceo canta en Xinzo aos nenos e nenas

Cancións para nenos e nenas é o novo traballo da limiá María do Ceo
María do Ceo canta en Xinzo aos nenos e nenas

Presentará o seu novo traballo ao alumnado dos dous institutos de secundaria da capital da Limia.

Mañá luns, a partires das 16:00 horas da tarde, a cantautora limiá María do Ceo presentará en Xinzo o seu novo traballo. "Cantigas para nenos e nenas" é o máis recente disco desda galego-lusa recoñecida por ser unha das máis fermosas voces do panorama nacional.

María do Ceo presentará "Cantigas para nenos e nenas" aos alumnos e alumnas dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela.