A Maxia musical voltou a igrexa Vella de Xinzo

Concerto na igrexa Vella
A Maxia musical voltou a igrexa Vella de Xinzo

Un ano máis e van dous, a Agrupación Musical da Limia, fixo vibrar ao público asistente.

Pasadas as oito e media comezaba o concerto denominado Música e Arquitectura, que por segundo ano ven de ofrecer a Agrupación Musical da Limia, que lle sirve como ensaio xeral para a súa participación no festival Internacional de Valencia, ao que asistirán en dous meses.

CLÁSICA, MODERNA, E TRADICIONAL

concerto 1
Momento de saúdo de solistas

A primeira das interpretacións foi “pasodoble torero” de Antonio Carmona e Camino de Rosas. A continuación e xa nun tono máis formal a banda interpretou PORTRAIS OF SPAIN de teo Aparicio Barbéran. Logo adentráronse no cine para facer a interpretación da banda sonora da película xaponesa Spirited Away, que foi galardoada cun óscar.

Xa na segunda parte do concerto interpretaron por segunda vez unha adaptación de La Bella y la Bestia feita pola ourensá María Mendoza.

Fin de festa con cumpre e todo.

Antes de rematar os compoñentes da banda quixeron agasallar a un compañeiro que cumpría anos, cantando, e facendo cantar ao protagonista.

Ante a petición dos asistentes de unha mais, a banda interpretou a “de costume” para despedir as actuacións, que non é outra que “Mambo”, tendo que facer unha parada ante a pasividade do público que non participaba na canción. Logo da petición por parte do director da banda, o carismático Tielas, volveron os músicos a tocar, esta vez si acompañados de todo o público asistente, para así despedir a II edición do festival A Limia Máxica.

O director, agradeceu a presencia do público sempre fiel, así como dos membros da corporación municipal que asistiron ao concerto encabezados pola alcaldesa Elvira Lama e o protavoz da oposición Antonio Fernández (Toni).

concerto 2
Saúdo de soistas e discurso do diretor