Moita música, humor e cine nos locais da Limia para esta fin de semana

cultura venres
Moita música, humor e cine nos locais da Limia para esta fin de semana

O venres chega con humor. A Arca da Noe en Vilar de Santos presenta "No pensar", un mónologo de Carlos Meixide sobre a traxextoria do presidente de España que chegou ó goberno grazas a "no pensar". A actuación dará comezo ás 22h.

Un pouco máis tarde, as 23h, e en Sandiás, a Corte dos Bois acolle o concerto do dúo Feitizo. Rock, blues e soul da man de Inés Vázquez e Luis Rodicio.

O sábado, a Sala Urban Place presenta a actuación de Gintónica a partir das 23h. O grupo de Trash Metal está considerado un dos mellores tributos a Metálica de España. As entradas custan 8 euros.

Este mesmo día e na Sala Clan, actúa o grupo Mildeu a partir das 00h. Os músicos locais queren que o público se prepare para unha ración de "sexo, churrasco e rock&roll". As entradas custan 2 euros.

Un plan máis relaxante para o sábado é a inauguración da exposición do escultor de Bande, Adolfo Fernández Dafonte. Será na Fundación Vicente Risco, en Allariz ás 20.30h. O artista e colaborador deste xornal, presenta as súas figuras que recollen oficios cotiás de homes e mulleres e que están feitas con barro que el traballa coas súas mans.

O domingo é dia de sesión vermuth da man do grupo "El sombrero de abuelo". Será na Arca da Noe a partir das 13h.

A carteleira de cine Gesma presenta a película "Hotel Transilvania 2", un filme divertido tanto para cativos como para maiores que narra as aventuras de Drácula e os seus curiosos amigos. As sesións serán ás 18.30h o venres 6,sábado 7, domingo 8, luns 9, mércores 11 e xoves 12.

O público adulto ten a posibilidade de ver "El último cazador de brujas", unha película de xénero fantástico que narra a faceta do úlitmo cazador que consegue manter as meigas á marxe da cidade de New York. As sesións son ás 20.15h e 22.30 h o venres 6,sábado 7, domingo 8, luns 9, mércores 11 e xoves 12.