Moita música nos trae a axenda cultural para esta fin de semana primaveral

cultura venres
Moita música nos trae a axenda cultural para esta fin de semana primaveral

A axenda ábrese co concerto de "Os Jhon Deeres", esta noite na Arca da Noe en Vilar de Santos.Rock and Roll en galego a partir das 22h.

O sábado ven cheo de citas musicais. Comezamos o repaso na Arca da Noe que acolle a actuación de Deva San Martín e Rafa Fernández. Voz e guitarra que recollen cancións de blues e jazz a partir das 22h.

Un pouco máis tarde na Corte dos Bois, en Sandiás, aterrizan "The pretty shirts". Os de A Guardia traen un pouco de Rock and Roll pasadas ás 22.30h.

A xornada do sábado péchase co concerto de "Trouble in the band" na Sala Clan de Xinzo. Música da Limia con moito Rock and Roll a partir das 00h.

Para pechar a fin de semana, a Arca da Noe presenta para o domingo unha sesión vermú co guitarrista portugués, Lapa Monteiro. Jazz e Electro Rock a partir das 13h e acompañado todo por uns petiscos.

Deixando a música a un lado, a carteleira do cine Gesma de Xinzo presenta "Spotlight", dirixida por Thomas McCarthy e protagonizada por Liev Schreiber ou Jonh Slattery, entre outros. O filme recolle a historia dun grupo de reporteiros da sección Spotlight que investigan abusos dentro da igrexa católica en Boston. As sesións son o venres 11, sábado 12, domingo 13, luns 14, mércores 16 e xoves 17 ás 22.30h.

Para o público infantil contan coa película "Kung Fu Panda 3", que recolle as aventuras dun grupo de osos panda. O filme pode verse os días venres 11, sábado 12, domingo 13, luns 14, mércores 16 e xoves 17 ás 17h, 18.30h e 20.15h.