A Secretaria do padroado do museo, foi a encargada de presentar o autor do libro, xornalista nado en Celanova , director da revista literaria Follas Secas, foi un dos impulsores da recuperación da Casa de Curros Enriquez e da súa transformación en Museo. Foi tamén o fundador do premio “Celanova casa dos poetas”
Como escritor ademais de libros de narrativa no que destaca é nos libros de conversas con personaxes como Manuel María , Méndez Ferrín, Alfredo Conde e como non de Antón Tovar.
A PRIMEIRA EDICIÓN APARECEU POR PÁXINAS NO FARO DE VIGO
No ano 2005 publicouse tamén en Galaxia da man de Victor Freixanes con prólogo de Alonso Montero.
O autor confesa a súa ledicia polo feito de ter que ir todos os días dunha semana Santa ata a casa do autor , en Pena Trevinca , dando como froito esta publicación.
A continuación tomou a palabra Delfín Caseiro, presidente do padroado, para gabar o autor Antón Tovar, persoa que coñeceu perfectamente.
LECTURA DE PASAXES DO LIBRO
Dous rapaces e dúas rapazas do CEIP de Rairiz de Veiga deron lectura a uns pasaxes escollidos da obra que se presentaba.
Para finalizar o acto os presentes escoitaron tres interpretacións do cantautor do Barco Anxo Rei.