Para conmemorar o centenario do nacemento do escritor, o Museo da Limia (Vilar de Santos) vai promover no territorio limiao unha serie de iniciativas encamiñadas a difundir e potenciar a obra tovariana e a coordinar unha campaña que demande á Real Academia Galega a concesión do Día das Letras Galegas 2022 ao poeta da Pereira, instando a participación das institucións públicas, dos centros educativos e das asociacións culturais da zona.
Programación:
En colaboración con Xeitura S. Coop. Galega, co CEIP Carlos Cid Arregui e coa Biblioteca Pública Antón Tovar de Rairiz de Veiga, acométese a primeira acción do centenario, como se fose un cartaz audiovisual. Varios escolares do colexio do concello recitarán fragmentos da obra de Tovar, que serán gravados en vídeo e difundidos nas redes sociais.
Conferencia
Análise e valoración da obra de Antón Tovar por parte dun dos seus estudosos máis cualificados.
Mesa redonda
Debate sobre a poesía de Tovar, coa participación de analistas significados.
Recitais
Recital dunha escolma de textos da súa obra publicada, na voz dos escolares.
Recital dunha escolma de textos inéditos do autor, na voz de veciños e veciñas do territorio.
Evocacións de autores da Biblioteca da Limia
Autores da Biblioteca da Limia elaborarán textos evocadores do poeta e da súa obra para seren publicados na web do museo, como argumentario para reivindicar a dedicación do Día das Letras Galegas 2022.
Interpretacións musicais
Actuación de intérpretes que puxeron música a poemas do autor
Exposición
En colaboración con diversas entidades, exposición de libros, manuscritos, fotos e obxectos relacionados co autor e a súa creación.