Os “Museos das estacións” do Inorde volven a abrir ao público

Rosendo Fernández visitando a Estación de Santa Cruz de Arrabaldo
Os “Museos das estacións” do Inorde volven a abrir ao público

Rosendo Fernández visitou a estación de ferrocarril de Santa Cruz de Arrabaldo, que alberga o Museo do Automóbil – Fundación Reverter e o Museo do Traxe Galego, que pode visitarse xa con cita previa

Os “Museos das estacións” de tren que o Inorde ten arrendadas a ADIF e que foron rehabilitadas co proxecto europeo de cooperación transfronteiriza (Interreg IIIA), volven a abrir ao público. O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, visitou a estación de ferrocarril de Santa Cruz de Arrabaldo, que alberga o Museo do Automóbil – Fundación Estanislao Reverter e o Museo do Traxe Galego, que poderá visitarse de novo mediante cita previa.
O obxectivo da rehabilitación destas estacións foi convertelas en enclaves para a revitalización económica, social e cultural das áreas que a forman, convertendo estas zonas en espazos de lecer, ecoturismo, turismo activo natural e cultural a través da recuperación e potenciación das rutas da Vía da Prata e os camiños portugueses, así como as vías xacobeas e a Vía Nova. Todo isto foi posible grazas á vinculación histórica das estacións cos espazos nos que se establecen, que lles confiren un gran atractivo patrimonial e ambiental converténdoas en factores de gran interese para o desenvolvemento destas comarcas.