Música celta e ochentera para esta fin de semana a maiores da entroidada e o cine

cultura venres
Música celta e ochentera para esta fin de semana a maiores da entroidada e o cine

A Arca da Noe en Vilar de Santos presenta o concerto de Ad Heyra Liti, música folk con influencias de Islandia, Australia e celta. Unha mestura de cancións propias e versións de grupos como The Chieftains. A cita é a partir das 22h este venres. O sábado chega o gaiteiro ruso Alexander Anistratov, coñecido en Rusia e en toda Europa pola súa música folk e tradicional. Alexander é mestre, artista e profesor e fabrica gaitas entre outros instrumentos. Tocará a partir das 17h.

A Corte dos Bois en Sandiás ofrece un concerto de Isarel Ruíz que se presenta como Joao Tomba e a súa orquestra TDK Chrome. O músico é coñecido por grupos como Pedrito Diablo&Los Cadáveras. Un repaso polo rock dos 80 a partir das 23h.

A oferta de ocio complétase co Entroido. O sábado a partir das 19h terá lugar o aforcamento do Meco na Praza Maior de Xinzo. A comitiva irá acompañada por un grupo de gaiteiros e personaxes tradicionais como o touro así como a procesión de fachóns. O domingo é o día do Oleiro e do seu tradicional xogo das olas polas rúas do casco vello. A patir das 13h será o Oleiro infantil e ás 17h o Oleiro Senior. Actuarán, grupos de música tradicional como Zurrumalla, Melidaos e Requinta da Laxeira.

A carteleira do Cine Gesma presenta a película "Joy", do director David O. Russell, con actores como Jennifer Lawrence e Robert de Niro. Unha comedia/drama na que unha humilde traballadora acaba converténdose nunha popular inventora de produtos do fogar. Os horarios para vela son venres 22, sábado 23, domigo 24, mércores 27 e xoves 28 ás 22.30h.

Para os máis cativos, Cine Gesma proxecta o filme "Alvin y las ardillas:fiesta sobre ruedas", unha comedia familiar que recolle as aventuras destes divertidos animais. Os horarios son venres 22, sábado 23, domigo 24, mércores 27 e xoves 28 ás 18.30h e ás 20.15h.