A música coral resoou na Igrexa Vella de Xinzo

Actuación conxunta das corais
A música coral resoou na Igrexa Vella de Xinzo

No certame de corais do novembro musical organizado pola Agrupación

Ante un escasísimo público de Xinzo e unha grande maioría de acompañantes das corais participantes a Igrexa Vella de Xinzo encheuse, para escoitar as actuacións dos orfeóns de Trives, Castro Caldelas e a coral Sta. Mariña de Xinzo.

Dentro do público asistente atopábase a alcaldesa de Castro Caldelas, sendo a máxima e única representación de Xinzo a do concelleiro de Facenda.

Unha vez rematadas as execucións dos diferentes grupos e despois da entrega dos agasallos de protocolo por parte da Agrupación Musical da Limia, organizadora do festival, as tres agrupacións actuaron xuntas, facendo as delicias do público asistente.

Novembro musical 21002Novembro musical 21003Novembro musical 21004Novembro musical 21005Novembro musical 21001