Música día e noite Xinzo

Últimos ensaios cos máis pequenos
Música día e noite Xinzo

A partir da chegada dos participantes o venres a música de gaitas e percusión encherá prazas e rúas da vila ata o domingo pola tarde.

Moitas horas de música oficial no concurso, pero ademais desas horas, segundo nos indica Xoán A. Losada (director da Escola de Gaitas e percusión de Xinzo) haberá música polas rúas e prazas.

Temos que contar que o lugar a onde chegan os compoñentes das bandas e se poñen os uniformes é o pavillón de deportes. Loxicamente estas bandas teñen que atravesar todo o pobo para chegar ao lugar da competición, e loxicamente teñen que ensaiar, antes da actuación, e como sempre se fai unha vez que se remata seguen a tocar de volta.

NA ÚLTIMA EDICIÓN GAÑOU A BANDA DE XINZO

20230320_191556-2
Xoán A. Losada

O ano pasado comenta Xoán que se ía a celebrar a XIV edición do certame Celtibérico de Bandas, pero o lugar escollido , Viana do Castelo, pero dúas semanas antes cancelouse. O ano anterior(que foi o último) unha fase celebrouse en Cea e a segunda en Manzaneda , que foi onde gañou a nosa banda de Xinzo.

A NOSA PROPOSTA FOI ACEPTADA A PRIMEIRA POLO CONCELLO

Nos este ano propuxémoslle ao concello a celebración dunha das fases en Xinzo, cuestión que aceptou a primeira, e a partir deses momento, reunións e máis reunións ata chegar este momento.

I CONCURSO DE GAITAS E PERCUSIÓN DA LIMIA

Dentro desas propostas estaba a de facer un concurso de solistas de percusión e solistas de gaitas que levara o nome de Limia, cuestión que tamén foi aceptada e que se vai a facer paralelo ao certame de bandas e que pretendemos que se siga celebrando aínda que Xinzo non sexa sede dunha fase. A diferencia e que neste concurso o gaiteiro solista pode estar acompañado dun ou dous tamborís, e viceversa os de percusión poden estar acompañados dun gaiteiro. Coa particularidade e que en cada unha das modalidades solo se puntuará ou ao gaiteiro ou a tambor.

QUE SIGNIFICA PARA A ESCOLA QUE ESTA FASE SE CELEBRE EN XINZO.?

Non cabe dúbida que isto ten dúas vertentes. Un orgullo que se celebre en Xinzo, xogamos na casa, como se soe dicir, e iso é bo, aínda que os nervios son moitos máis a hora de interpretar. Temos que pensar que ao ser en Xinzo, vannos estar vendo moita familia de cada un, polo que os nervios aumentan, e a última que intentas ganar, para facelo na casa. Por outra banda o traballo de organización que estamos a levar coa axuda lóxica do Concello, coordinando todo.