Músicos, expertos e construtores de instrumentos danse cita na XXXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei

Ás -10.00 horas: Presentación da XXXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros.- Na sala de prensa do Pazo Provincial, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación da XXXXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros d
Músicos, expertos e construtores de instrumentos danse cita na XXXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei
Nas instalacións do castelo e ao aire libre vanse desenvolver hoxe venres, día 27, e o sábado 28,

Monterrei será, unha vez máis, o escenario da XXXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros que reunirá a destacados músicos, expertos e construtores de instrumentos nun amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo de mañá venres, día 27, e o sábado 28, nun evento declarado de interese turístico e cultural que será retransmitido por internet e que na presente edición homenaxea ás cantoras de Santa Baia de Montes, Margarita González e Basilisa Sotelo. A sala de prensa do Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación da xuntanza, na que participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo.

Rosendo Fernández destacou precisamente o labor realizado pola escola para traer a Ourense “aos máis destacados músicos e expertos no instrumento da gaita, convertendo á nosa provincia nun referente internacional”. Unha cita, destacou Fernández, “que se iniciou no barrio da Ponte en xullo de 1986, sendo un festival de carácter galego, evolucionando ata o día de hoxe con múltiples actividades e que se mantivo ao longo dos anos malia as dificultades, como a pandemia que estamos a padecer”.

José Luis Suárez, pola súa banda, agradeceu á Deputación de Ourense, e de modo especial ao seu presidente, Manuel Baltar, “o apoio que sempre nos amosou para que este evento siga mantendo o espírito emprendedor, convertendo a Monterrei en escenario da nosa cultura e dos nosos valores. Suárez destacou que se manterán todas as medidas de seguridade, “toda vez que o escenario é un gran espazo ao aire libre, en Flariz, nas inmediacións do castelo”.

Xosé Lois Foxo foi o encargado de detallar as actividades previstas no programa, que comezan mañá venres cun curso de técnica de Uilleann Pipe a cargo de César Pastor, especialista e construtor do instrumento. Nesta mesma xornada, Iria Estévez ofrecerá o concerto “Clave de Fado” a partir das 19.00 horas coa participación de Gabi Reboredo e a banda de gaitas de Flariz. Ademais dunha exposición sobre gaitas ibéricas que se poderá contemplar no Hospital do Peregrino durante toda a xuntanza, o sábado día 28 celebraranse conferencias a cargo de especialistas como Jorge Lira, que falará da gaita de foles no norte de Portugal; Bartolomé e Nico Armengual, que abordarán a Xirimía de Baleares; Jesús López, sobre a gaita de boto en Aragón; e Daniel García sobre a bandurria e o rabel na península Ibérica.

Tamén o sábado, o Festival comezará ás 19.00 horas na explanada do castelo coa interpretación do “Himno da Xuntanza”, a cargo dos trompetistas ataviados con vestimenta medieval. Presentado polos regueifeiros Alba María e Kike Estévez, o festival seguirá coas actuacións dos gaiteiros de Flariz; Jorge Lira de Portugal; os Xeremiers de Sóller das Baleares; Iria Estévez en “Clave de Fado”; César Pastor; a agrupación musical de Riós con Flores López; os gaiteros d’Algairén de Almonacid de la Sierra (Aragón); os zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas; Daniel García de la Cuesta (Asturias); as Cantoras de Santa Baia de Montes; e as Cantareiras da Real Banda e Gabi Reboredo. O evento rematará coa actuación da Real Banda de Gaitas desde os muros do Castelo