A noite anterior, non púñamos pixama, xa durmíamos cos calzoncillos e coa camiseta do traxe de pantalla (Suso Fariñas)

Asistentes a charla sobre o pasado, presente e futuro do Entroido
A noite anterior, non púñamos pixama, xa durmíamos cos calzoncillos e coa camiseta do traxe de pantalla (Suso Fariñas)

O Entroido dos setenta a hoxe evolucionou como todo.

Suso Fariñas, o que fora fundador e presidente da asociación da pantalla e entroideiro de pro, foi o primeiro invitado nas xornadas que está a organizar o Museo do Entroido cara a este ano.

Suso Fariñas
Suso Fariñas

Como non podía ser doutra maneira Suso falou do pasado, presente e futuro, segundo a súa visión da festa do Entroido.

El falou da súa experiencia de neno, a partir dos 7 anos cando saía de pantalla, que era como a noite de reis, estaba esperando que se fixera de día para saír as rúas, daquela solo nos días de entroido.

Tamén falou do que el lle preguntaba ao primeiro dos artesáns da pantalla, Julio Villarino, sobre o comezo das pantallas, porque nos anos 30/40 a máscara de pantalla, nin se parecía a dos anos vindeiros.

Ata ven entrados os anos 80 a festa do Entroido en Xinzo era somentes os días de domingo a martes de Entroido, e todo o que agora se fai nos diferentes fins de semana Fareleiro, Oleiro e Corredoiro eran as distintas cousas que se facían nos días de Entroido.

O problema era que os dias de entroido eran poucos e pasaban moi pronto, por iso deseñamos os fins de semana, para ter máis días de festa.

O ciclo de Entroido de 5 fins de semana foi un deseños da Asociación da Pantalla, para ter máis dias de festa. Acordamos e deseñamos cada unha das cousas que se facían nos días grandes, como era o de botar fariña o das olas e a primeira saída das pantallas, que se facía o domingo de Entroido. Tamén se deseñou a forma de facelo e desas datas é de onde ben o ciclo do Entroido en Xinzo.

O do meco e o touro, simplemente foi copiar a maneira de como viñan os veciños de Baronzás cun carro onde traían un meco e unha cabeza dun touro que investía a xente.

ATA OS 80 HABÍA PELIQUEIROS EN XINZO

A responsable do Museo e Suso Fariñas, ao fin da charla/coloquio
A responsable do Museo e Suso Fariñas, ao fin da charla/coloquio

Unha das curiosidades que desvelou na charla é a de que ata os 80 había Peliqueiros en Xinzo, hai documentos gráficos e tamén en (súper 8), unha gravación de Foto Dacal, na que se ven dúas filas de catro peliqueiros desfilando.

O Touro estivo moito tempo desaparecido do Entroido por un percance co cura da parroquia.

Para rematar o coloquio, e sobre a pregunta de como vía el o futuro de Entroido, pois entende que moitas cousas era necesario miralas posto que entende que tanta “programación” non é bo para unha festa na que a esencia é que se trata de ir contra o establecido, pero....