Noite musical en Xinzo

Entrega de agasallos no CORALIMIA 2022
Noite musical en Xinzo

Coro Cántigas da Terra de A Coruña e Coro Aimil de Xinzo puxeron as voces no CORALIMIA 2022

No XII Festival de coros de música Popular CORALIMIA celebrado onte a noite na Casa da Cultura de Xinzo o coro invitado da Coruña interpretou cinco cantígas entre elas Alalá da Cruña, Mariñeiro de Caión e Foliada de Arousa.

Coro Cántigas da Terra- Ferrol
Coro Cántigas da Terra- Ferrol

Moitas das pezas interpretadas polas voces da coral son recollidas do imaxinario popular, moito antes de que a radio e a televisión fixesen aparición nas casas

Na segunda parte subiron ao escenario os compoñentes do Coro AIMIL de Xinzo que ten como ano de creación ó 2003 dentro da Asociación Cultural Aimil Folc.

Na actualidade compoñen o coro 32 voces mixtas e un grupo instrumental de gaitas e percusión. Dirixe a coral o mestre ferrolán Fernando Dopico.

Nesta ocasión a coral interpretou entre outras a Foliada da Rabeda a Pandeirada de Ares.

Coro AIMIL- Xinzo
Coro AIMIL- Xinzo

ESTREO DA CANCIÓN “VINDO DA FEIRA DE XINZO”

Como novidade AIMIL FOLC estreou a peza Vindo da feira de Xinzo, tradicional e con arranxos de Dopico. Tamén neste caso tiveron a colaboración especial de Emilio Rguez. Portabales da Coral de Ruada tocando a Zanfona.

Para rematar e antes da entrega de agasallos protocolaria nestes festivais as dúas corais conxuntamente interpretaron a Foliada de Ulla, dirixidas nesta ocasión polo director da coral invitada.

Público asistente

O festival estivo presentado pola xornalista Paula Palomanes quen foi a encargada de ir presentando, non solo aso responsables das dúas formacións, se non tamén contando as historias destes anos acaecidas nos dous colectivos.

Rematou o festival coa presenza no escenario dos responsables das agrupacións musicais, os directores o director da escola de Gaitas da Real Banda de Ourense, así como a alcaldesa Elvira Lama.