Non é a historia de Boado e Porto Alto, son historias de Boado e Portoalto
O resumo destas historias nun libro editado polo CDR O Viso
Na tarde do sábado, antes do comezo das festas de Boado foi presentado un libro co título MAMORIA DA AUGA, que segundo aparece na benvida, NON é un libro sobre a historia dos pobos de Boado e Porto Alto, se non que son historias dos últimos 50 anos acontecidas aos veciños e veciñas de Boado é Portoalto, contadas por moitos dos que as viviron e outras vividas por algúns que xa non están.

O libro elaborouse en tardes de outono e inverno na escola de Boado onde Gerardo e Angelita, Fina e Diego, Rosa e o Benito, a Sita e ó Seara, a Benita, ó Vila, ó Augusto, a Mónica e ó Jorge ademais de outros que se adheriron posteriormente, deron vida a este libro que coordinou Camilo Vila, tamén de Boado.
Presentación de historias a cargo de rapazas do pobo.
Despois da presentación feita por Camilo Vila , na que subliñou que
A auga aínda corre en Boado, e renóvase. Hai anos que apenas chove e anos de cheas. Se a auga é vida, Boado e Porto Alto teñen vida.
Despois foron os rapaces os que leron algúns e contaron outros algunha das historias que o lector encontrará no pequeno libriño ante o público asistente, entre o que se atopaba a alcaldesa de Xinzo Elvira Lama.
