A nova Escola de Música de Xinzo organiza o seu Festival de Nadal

Imaxe promocional do Festival de Nadal.
A nova Escola de Música de Xinzo organiza o seu Festival de Nadal

A institución posta en marcha este ano pola Agrupación Musical da Limia organiza o seu primeiro concerto cos alumnos e alumnas.

Dentro da programación cultural e de ocio que o Concello de Xinzo de Limia organiza para estas datas, contémplase o Festival de Nadal da nova Escola de Música posta en marcha este ano pola Agrupación Musical da Limia.

Coa colaboración do consistorio, da Deputación de Ourense e da rede de auditorios provincial, terá lugar un concerto onde os cativos poderán mostrar o aprendido até agora nas súas clases de música.

O espectáculo terá lugar este día 30 de decembro, a partir das 20 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.