Nova escultura para o Museo da Limia

IMG-20210909-WA0004
Nova escultura para o Museo da Limia

O escultor das Terras do Limia, Toño Monteiro, doa ao Museo da Limia unha obra conmemorativa do Centenario do nacemento de Antón Tovar.

Tal e como explicaron na súa inauguración, os membros da Xunta Directiva do Padroado do Mueso da Limia, a exposición conmemorativa do Centenario de Antón Tovar é unha mostra aberta e dinámica disposta a incorporar elementos de interese vinculados ao poeta da Pereira, mentres dure aberta no espazo museístico de Vilar de Santos.

IMG-20210909-WA0001

Nesa cobiza por difindir a obra literaria e a vida do gran poeta limiao, merece unha especial atención a creación escultórica do artista da Baixa Limia incluído na Biblioteca da Limia, Toño Monteiro. Trátase dunha peza elaborada en ferro, bautizada co nome de Memoria, sobre a que se plasma unha silueta da cara de Tovar, que repousa sobre a sinatura sinatura e sobre os títulos de varios libros dos seus poemas, chantada nunha peana , feita dun cepo de carballo centenario, sobre o que o ferro se amarra con cravos das farras dos antigos carros de bois.

Simboliza, por tanto, a memoria das palabras, agarrada ao país, ao pasado e ao presente do que forma parte un dos poetas intimistas máis importante do século XX.

A citada obra quere sintetizar a exposición do Centenario de Antón Tovar e permanecerá para sempre nun lugar destacado do Museo, como memoria e lembranza da celebración dos 100 anos do seu nacemento.

[Na próxima fin de semana incluirase no espazo expositivo unha acuarela de Xaime Quesada, amigo e compañeiro de militancia do poeta, que foi elaborada expresamente no seu día para ilustrar un especial da revista Lethes que edita o Centro de Cultura Popular do Limia, en colaboración co Museo da Limia. Xa forman parte da mostra, amais das ilustracións de Arturo Baltar, a acabada de incorporar Memoria de Toño Monteiro, creacións plásticas de Xosé Lois Carreira, Victoria Taboada e Manuel Traveso