A historia remontase a necesidade de darlle saída a alumnos mozos, que non dan accedido a Banda titular por diversos motivos e aos “menos mozos” que dan un bo nivel, e queren facer algo máis. Ademais tamén foi creada para tocar unha música máis tradicional se cabe.

Aquí xuntase toda esa xente e xurde Tarde Piache.
Quixéramos converternos nos “Treixadura” da Limia, con actuacións solo en escenarios.
“Estamos no medio dos “xubiletas e da Banda “Profesional” manifesta Xoán, director e membro do grupo.
BÚSQUEDA DO NOME

Unha das cuestións últimas, pero necesarias, era escoller o nome do grupo. Unha vez máis ”grupo de wasap” e tormenta de ideas, ata que unha das compoñentes comentou no seu pobo aos veciños para que lle aportaran ideas, indo a preguntarllo a un dos máis vellos do lugar, que lle contestou coa sorna galega ao 100% “Tarde Piache”, e ela non dubidou en prantexalo no grupo, que este aceptou a primeira.

A percusión corre da man de Fernando(Director da escola) Pepe e Carlos. As gaitas fanas soar Alexandre, Sonia, Manuel, Conchi, Antía, Perfecto, Lara e Xoan (Director do grupo). Ademais para certas pezas acompáñanos unhas pandereteiras, e para este en concreto a participación de Carlos co saxo e Iván coa acordeón.
Como fin do concerto, ademais dos bises, estrearon unha pasodobre que leva o nome de SR. Manolo , con música de Xoán e arranxos de Fernando Dopico., dedicado a un dos compoñentes
Ao concerto acudiron amigos e amantes da música estando a primeira fila ocupada por unha ampla representación política municipal.

