O cuarteto de corda "Lugo Camerata" visita Xinzo polo día de Santa Icía

santa cecilia_001
O cuarteto de corda "Lugo Camerata" visita Xinzo polo día de Santa Icía

A actuación terá lugar a partir das 19:00 horas.

Este venres, 24 de novembro, o Conservatorio Profesional de Músic ade Xinzo de Limia celebra o día de Santa Icía. Santa Icía é considerada a patroa dos músicos e, na súa honra, constitúese o día do seu santo coma o Día Internacional da Música.

A actuación terá lugar a partir das 19:00 horas.

Neste ano 2017, o recoñecido cuarteto de cordas "Lugo Camerata" visitará a capital da Limia e ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal "Ángel Cocho" para conmemorar a data. A audición está prevista para o alumnado do conservatorio limián, pero abrirase ao público até completar aforo e completamente de balde. A actuación terá lugar a partir das 19:00 horas.

O concerto desta orquestra clásica de Lugo está organizado polo Concello de Xinzo de Limia coa colaboración da Deputación de Ourense.