Obradoiros, música e unha exposición na Rúa dos Viños

Presentación da Feira das Mozas
Obradoiros, música e unha exposición na Rúa dos Viños
Os principais escenarios serán a Praza Maior, a Praza dos Ovos e a Praza de Oriente

O programa, no que se porá en valor a tradición, comezará ás 11.00 horas cun pasarrúas a cargo de Lirolaio, Antioquía e Banda Senior que percorrerá a feira, o casco vello e o Toural durante todo o día. A Praza dos Ovos será o escenario no que se leve a cabo un obradoiro de pandeireta a partir do mediodía, que será impartido por Diego Cabaleiro, de O Fiadeiro.

Xa en horario de tarde, dende as 17.00 horas agárdase un obradoiro de baile tradicional a cargo de Sergio Martínez, tamén da asociación O Fiadeiro. Será na praza de Oriente.

A última verbena comezará á noitiña na Praza Maior e será o preludio dunha foliada aberta prevista para as 23.00 horas. Ademais, complementando a programación, poderá visitarse na rúa dos Viños e durante todo o día unha exposición sobre as feiras de Xinzo de Limia.