O Padroado do Museo Etnolóxico da Limia solicitará formalmente o día das Letras Galegas 2024 para Antón Tovar
20:52 03/05/23
20:52 03/05/23
Entregaranlle un expediente coa solicitude mañá ao presidente da RAG.
Mañá xoves día 4 de maio varios representantes do Padroado do Museo da Limia de Vilar de Santos, encabezados polo seu coordinador Antón Jardón desprazaranse ata a Coruña, sede da RAG Real Academia Galega, para facerlle entrega ao seu presidente un extenso expediente que apoia a petición formal do Padroado para que o día das Letras Galegas 2024 sexa dedicado ao escritor e poeta limiá Antón Tovar.