Os poetas e poetisas da Limia estiveron presentes no día da poesía
23:32 24/03/23
23:32 24/03/23
Celebrouse a primeira edición na tarde do venres en Xinzo
Cunha idea orixinal do escritor Edelmiro Martínez (Miro), e coa colaboración dos actores e actrices do grupo de teatro ANEIS de Xinzo e poñendo a música alumnado do Conservatorio celebrouse a primeira edición dun recital poético- musical de vellos poetas da Limia e poetas vivos, que algún deles leu algún dos seus poemas.
Aos autores falecidos e non presentes puxéronlle a voz o actores e actrices do grupo ANEIS.

Ao final 5 autores vivos e a sobriña de Antón Tovar puxeron fin a esta xornada poética, moi atentamente seguida polo público asistente, que espera repetirse ano tras ano co apoio da Concellería de Cultura do Concello e a dirección de Miro.





