miércoles. 06.07.2022

Os premiados recibiron os seus agasallos

A praza Maior de Xinzo foi o escenario da entrega de premios aos gañadores do concurso literario Carlos Casares 2022

Acto de entrega de premios Letras Galegas 2022
Acto de entrega de premios Letras Galegas 2022

Cunha praza Maior ateigada de público, moitos deles nenos e nenas en idade de infantil e primario tomaron asentos para escoitar a decisión do xurado dos premios.

Grupo de premiados de 6º de infantil do ceip Carlos Casares

O concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez, actuou de mestre de cerimonias ao longo dos actos programados para a tarde do 17, día das Letras Galegas.

ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS

O primeiro dos actos, despois do visionado dun vídeo sobre o homenaxeado no día das Letras Galegas, foi a lectura da acta do xurado na que decidiron os premiados no concurso de narracións curtas Carlos Casares 2022.

Tomou a palabra a alcaldesa Elvira Lama para agradecer a presencia de tanta xente na praza, así como manifestar a calidade dos traballos presentados. Acompañaron a alcaldesa na entrega dos diplomas os escritores Rafael Laso e Miguel A. Alonso, Javier Casares,  e os concelleiros Manuel Pérez e Antonio Fernández (Toni).

Despois da entrega, Rafael Laso tomou a palabra para dirixirse en nome dos compoñentes do xurado a todos os premiados e en especial ao 1º premio de infantil que recaeu nun grupo sexto de infantil do CEIP Carlos Casares, polo seu traballo destacando a vez Rafael a calidade dos traballos recibidos nesta ocasión.

Premiados 1
Premiados
Premios 2
Premios
Premios 3
Premiados