Preto de 5.000 persoas estarán en Xinzo o fin de semana do 25 e 26 de marzo

Cartel festival
Preto de 5.000 persoas estarán en Xinzo o fin de semana do 25 e 26 de marzo
Celebrarse o O Certame Celtibérico de Bandas

Esta mañá celebrouse a Xunta de Seguridade para garantir que o evento, que volve á vila 20 anos despois, se desenvolva con todas as garantías, xa que se agarda unha gran afluencia visitantes.

reunión(1)
Momento da reunión preparatoria

Xinzo de Limia será o epicentro da música tradicional e o folclore a fin de semana do 25 e 26 de marzo con motivo da celebración do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Trátase dun evento que volve ao concello vinte anos despois –na vila tivo lugar no ano 2003- e que prevé mobilizar a 5.000 persoas. Preto dunha trintena de bandas de todo o país demostrarán o seu talento e o Concello de Xinzo e a Banda Municipal de Gaitas e Percusión traballan na súa organización dende hai semanas.

Esta mañá tivo lugar a Xunta de Seguridade para garantir que o Certame se desenvolve con todas as garantías. Así, está previsto que o operativo de seguridade estea composto pola Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Xinzo de Limia e do resto da comarca. Tamén contarase coa colaboración da Cruz Vermella.