Proxeción do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”

letras galegas[464]
Proxeción do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”
Mañá domingo ás 19:00 na Casa da Cultura de Xinzo

A Casa da Cultura será o domingo o escenario no que se proxectará o documental “Xela Arias, poeta nas marxes”, a partir das 19,00 horas. Ao finalizar, realizarase un coloquio ca directora da obra, Beatriz Pereira. A capacidade é limitada, polo que os interesados deberán facer a súa reserva na dirección cultura@xinzo.gal ou nos teléfonos 988 461 442, 604 078 053 ou 772 245 979.

Con esta proxeción daranse por rematados os actos que dende o luns pasado se levan a celebrar en Xinzo para conmemorar a semana das Letras Galegas 2021.