“UN PROXECTO AUDIOVISUAL CON ESENCIA LIMIÁ DE CAMIÑO A CHILE”

Equipo na alfombra vermella xunto á alcaldesa, Elvira Lama
“UN PROXECTO AUDIOVISUAL CON ESENCIA LIMIÁ DE CAMIÑO A CHILE”

O resultado dun concello que apostou pola cultura e a mocidade.

Noelia Caseiro (26), María Rodríguez (25) e Javier Santana (22) forman parte do equipo que levou a cabo no ano 2021 a webserie Os Tempos Mortos do Führer. Cada un coas súas correspondentes funcións, Foto Fixa, Axudante de Arte e Director de Comunicación e Arte respectivamente, formaron parte da produción. A estrea do proxecto que se celebrara hai case un ano na Casa da Cultura con alfombra vermella e con presenza de autoridades, quere conquistar o audiovisual latinoamericano. A produtora Conxuro Produción da que forma parte Javier xunto a Elisa, Uxía e Gemma, encóntrase detrás deste proxecto. Con apenas vinte anos presentan candidatura a un dos maiores festivais internacionais do formato webserie, o SANTIAGO WEB FEST en Chile. Na súa segunda edición, o equipo pretende pasar a seguinte fase e conseguir un galardón. Optan ás categorías de Mellor Webserie Internacional e ao Mellor Teaser, o que fora rodado no Retiro do Conde (Verín). Os estudantes afirman estar entusiasmados “Sería un orgullo chegar á final porque o proxecto está na nosa lingua e somos conscientes da cantidade de galegos que se encontran no sur de América”. O festival terá lugar no mes de novembro na capital do país.

cats22

No seu momento tanto o Concello de Xinzo, como un dos maiores patrocinadores e a veciñanza, involucráronse na comedia do dictador alemá. Personaxes públicas da zona como Patricia Santana, Ilenia Morales, Noelia Campo, Carmen Rodríguez ou Natalia Álvarez foron figuras activas nas redes con este proxecto. Tamén o comercio local decidiu apoiar esta iniciativa; Pizzería Milanesa, Bonicas Estética, Mercería Ancebe ou Confeccións Rosy foron algúns dos colaboradores. Conxuro Produción quere levar a “marca Galicia” ao outro continente mediante os ditos galegos e as colaboracións doutras grandes empresas da nosa comunidade.

Tras a súa participación en oito festivais autonómicos e sendo finalistas en dous deles Carballo Interplay e Festival Escolar Olloboi, agora optan por unha expansión internacional. O segundo semestre do ano en relación á exhibición en festivais está nun punto álxido. A produtora adianta que xa presentaron candidatura en case dez festivais máis coa certeza de conseguir algún recoñecemento. Dous deles afirman ser de ámbito nacional.