Ramón Conde volta a Ourense coa exposición “Soliloquios”

Presentación da exposición \“Soliloquios\”, de Ramón Conde.- No centro cultural \“Marcos Valcárcel\” terá lugar a presentación do catálogo e da exposición \“Soliloquios\”, do escultor Ramón Conde. O acto contará coa participación do
Ramón Conde volta a Ourense coa exposición “Soliloquios”

A mostra, que será inaugurada mañá venres, poderá visitarse ata o 15 de decembro no centro cultural “Marcos Valcárcel”

O escultor Ramón Conde volve a Ourense coa exposición “Soliloquios” que poderá visitarse no centro cultural “Marcos Valcárcel” ata o 15 de decembro. A mostra foi presentada hoxe polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do centro cultural, Francisco González; e o propio artista.

O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que “o dramatismo que expresa “Soliloquios” coincide coa obra aquí exposta con figuras tan características do traballo de Ramón Conde, un ourensán que volve a expoñer na súa terra para o goce de tódolos que visiten este centro cultural, comprometido especialmente cos artistas da nosa provincia”.

Presentación da exposición “Soliloquios”, de Ramón Conde.- No centro cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar a presentación do catálogo e da exposición “Soliloquios”, do escultor Ramón Conde. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e do propio artista e do asesor de cultura Aurelio Gómez Villar.“Sete anos despois da súa anterior exposición no centro cultural, retomamos cunha exposición que está practicamente rematada para ser inaugurada mañá venres, ás 20.15 horas, só falta a obra que irá fóra e que será a mellor carta de presentación desta exposición”, explicou o director do centro cultural, quen lembrou que “Soliloquios” poderá visitarse durante os meses de novembro e decembro que son “os de maior afluencia no centro cultural que terá un pulo de asistencia coa súa obra”.
Ramón Conde, quen agradeceu á Deputación de Ourense “poder expoñer aquí porque para min é a sala máis querida de todas nas que expuxen”, explicou que as súas exposicións son “como un novo capítulo nun libro, porque as novas exposicións desenvolven algún aspecto implícito na anterior mostra, ou aborda algún outro aspecto próximo a ese mesmo tema”.
En canto a súa traxectoria, o escultor ourensán explicou que co paso do tempo é normal “centrarse nuns temas ou nunha forma de ver determinante que é como típica túa. No meu caso, o aspecto da individualidade persoal e as relacións de uns individuos con outros, como se xera o poder ou como unhas persoas dominan a outras, veñen sendo o leimotiv do tópico meu”.
Normalmente, na súa obra, poden observarse “dúas personaxes emblemáticas: un é o tipo de figuras gordas moi características miñas, e outro máis musculoso que se desenvolveu despois pero que é complementario incluso, as veces, parece a mesma personaxe”, sinalou Ramón Conde, quen engadiu que practicamente toda a súa traxectoria está “determinada por estas dúas personaxes que ata certo punto son a mesma. Nun son claramente masculinos e, no outro, roza o tema da ambigüidade, poden ser masculino, feminino ou unha mestura de ambas”.

Na súa obra hai varias referencias históricas ou mitolóxicas como “Pigmalión e Galatea” ou o “Baño de Susana” que se presentan como conxuntos de pezas e non como unha peza individual.

Presentación da exposición “Soliloquios”, de Ramón Conde.- No centro cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar a presentación do catálogo e da exposición “Soliloquios”, do escultor Ramón Conde. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e do propio artista e do asesor de cultura Aurelio Gómez Villar.