Sábado 4 de agosto ás 20:00 na praza Maior

IMG-20180730-WA0001
Sábado 4 de agosto ás 20:00 na praza Maior

A Historia de Martín polo grupo ANIMAR-T

Humor e música para nenos e maiores.

Neste contacontos falamos da hiperactividade infantil e das formas de ensino antigas, deixando paso ás novas formas de aprendizaxe do futuro: o ciberespazo. Tamén falamos da capacidade de cambiar o mundo a través de un mesmo e da exaltación dos valores humanos. Todo isto facémolo con dúas armas infalibles: o humor e o teatro musical.

Nesta obra facemos que os nenos interactúen connosco ao falar dun contexto, para eles tan familiar como as aulas. Nin que dicir ten que neste espectáculo introducimos aspectos didácticos ao repasar conceptos ou materias relacionadas coa xeografía, o inglés, as matemáticas, as ciencias, etc. Un espectáculo completo e entretido, que non só fará as delicias dos máis pequenos senón que enganchará aos maiores.

Este espectáculo forma parte dos pertencentes a “Cultura no camiño 2018” da Xunta de Galicia