SEGADAS, PALHEIRADAS, MALHADAS E CARRREXADAS
“Chiscos de olhos”: Exposición aberta de fotografías etnográficas de traballos do campo
Mercedes Vázquez Saavedra , é natural de Sarria (Lugo). Traballaou máis de 40 anos na administración pública coordinando e organizando actividades socio-culturais. Provén dunha familia de artistas culturalmente moi activa. Dende pequena xa facía teatro e lémbrase escribindo toda a vida. De feito, encadeu estos traballos e actividades co mundo da escrita, onde publicou na editorial Galaxia a Guía do Courel, a “Guía da Ribeira Sacra” e a “Guía da Pobra do Brollón”. A autora escribiu tamén as biografías da poeta María Mariño e do escritor e político Ramón Piñeiro, editadas pola Delegación de Cultura de Lugo. Pertenceu ao Grupo Avary composto por pintores, escritores, fotógrafos, etc. asociación da que foi cofundadora, e coa cal levou a cabo numerosas exposicións itinerantes. A escritora e fotógrafa, pertence tamén á Academia Ibérica da Máscara, con sede en Braganca, da que é secretaria.
A exposición de fotografía etnográfica estivo no 2020 na Arca de Noé (Vilar de Santos) e chega agora a Casa da Cultura do Concello de Sandiás. Pódese visitar dende o día da súa inauguración (23 de Xuño) ata o 9 de abril en horario de luns a venres de 10.30 a 13.30 h.
Trátase dunha investigación que utiliza a ferramenta fotográfica para afondar no coñecemento dos traballos do mundo rural, especialmente dos homes e mulleres da raia galego-portuguesa, especialmente das aldeas comunitarias de Pitôes, Chaves e Paredes (Montealegre), relacionados coa segada, a palheirada, a malhada e a carrexada.
Mercedes Vázquez, apaixoada da fotografía levou a cabo unha práctica sobre o terreo na que se reflicten moitos anos de investigación. Como indica, “ (…) a fotografía sempre formou parte da miña vida. Aprendina co meu tio (…). Compaxinei traballos socio-culturais con outros documentais e mesmo me mergullei no mundo da escritura. A fotografía nunca a considerei un hobby (…). As miñas fotografías son produto de traballos de campo etnográficos que beben nas fontes das tradicións (…).