Tarde de música e bailes

Banda A
Tarde de música e bailes

No auditorio actuaron todos os grupos que compoñen actualmente a Escola de Gaitas Municipal de Xinzo.

Como todos os anos todos os compoñentes da Escola de Gaitas municipal, na que cada ano se suman novos grupos, fixo o seu festival de Nadal ao que asistiron, como é costume, máis xente da que ten cabida no Auditorio.

Elvira Lama, tomou a palabra para agradecer como sempre, tanto a presenza do público como dos compoñentes da Escola. Nesta ocasión estivo acompañada polos concelleiros de Cultura e Promoción Económica, así como o portavoz do Partido Popular.

MOITOS GRUPOS NOVOS.

Banda B

Comezou o festival coa actuación da xa experimentada Banda B para despois facer a presentación do grupo de Cantareiras que pertencen a Escola.

Logo presentouse por primeira vez o Coro Limisi, que este ano está tamén integrado na Escola, o cal recibiu os maiores aplausos da noite.

Coro Aimil Folk

Tamén se presentou a Banda J (cordialmente chamada dos Jubiletas) para pasar logo a actuación do grupo coral Aimil Folk.

Reivindicacións e anuncios por parte do director da Escola

Fernando Dopico
Fernando Dopico

Fernando Dopico, director da Escola de Gaitas de Xinzo, aproveitou o intervalo no que se colocaban os músicos da Banda A, para facer uns anuncios, e como sempre algunhas reivindicacións.

Grupo Limisi

En primeiro lugar manifestou o orgullo de dirixir unha escola Municipal dende fai máis de 25 anos, que ten que ser un orgullo para Xinzo, manifestou. Somos por cantidade e por calidade, por que non dicilo unha agrupación das máis grandes de Galicia, en número e por suposto en porcentaxe por número de habitantes.

Anunciou que este ano o concurso de bandas de gaitas que se celebrará en Xinzo contará con máis de medio cento de Bandas, ademais de gaiteiros e gaiteiras individuais e en grupos que competirán por facerse cun trofeo.

Banda J

Non deixou de reivindicar, como corresponde polo seu cargo, un novo auditorio para Xinzo. Espera que xa que ata o de agora non se logrou, que a nova corporación traia o tan necesitado auditorio para a vila.

Para rematar o festival actuou a Banda A que como xa anunciara Elvira Lama, este ano viaxará outra vez a algún festival europeo, sen concretar.

Baile na praza Maior

Na carpa instalada por primeira vez este ano, vaise enchendo con actuacións diarias. Hoxe tocáballe o turno a Escola Fusión Fitnes, quen fixo as delicias do público asistente con actuacións de cativos acompañados nesta ocasión polos seus maiores.