Teatro só para adultos en Xinzo

IMG_5374
Teatro só para adultos en Xinzo

Só para maiores de 18 anos.

"Espectáculo para adultos". Así se especifica no cartel da obra de teatro "Solo", que se escenificará este sábado, 27 de maio, no Auditorio "Ángel Cocho" da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Será a partires das 20:30 horas, nunha única función.

Será a partires das 20:30 horas, nunha única función. Baixo a dirección de Matilde Vázquez e co protagonismo do actor Fernando Gabelo, esta obra reune a un elenco de actores e actrices de primeiro nivel. Eduardo Rego, Maika Chaves, Nerea Blanco, Álex Currás, ou Tania Paredes –entre moitos outros– poranse sobre as táboas para sorprender ao público limián.

O son e as luces corren a cargo de Rubén Bernárdez, nun espectáculo coorganizado polo Concello de Xinzo e a Deputación de Ourense.