Teatro “solidario” este sábado en Xinzo

IMG-20180529-WA0005
Teatro “solidario” este sábado en Xinzo

O grupo ANEIS representa a obra RÚA DA TRANQUILIDADE

As 19:30 do sábado 2 de xuño ó escenario da Casa de Cultura subiranse os actores e actrices do grupo limiá ANEIS coa obra RÚA DA TRANQUILIDADE con guión e dirección de Manolo Fontemoura.

Ademais esta última función da III Semana de Teatro en Galego que se veu celebrando dende o mes pasado tamén terá carácter solidario. Aínda que a entrada e de balde, pregase a todos os asistentes que acudan con 1 Kg de alimentos non perecedoiros a favor de Cáritas interparroquial “VAL DE SALAS”.