miércoles 22/9/21
Para algúns actos, será imprescindible a inscrición previa

O Toural,único escenario do Esquecemento 2021

Comezará o venres cun espectáculo de lume e o prendido do lume sagrado, ademais dun concerto de Grimorium, a partir das 22.00 horas ata as 00.30 horas.

eSQUECEMENTO 1
Esquecemento- Foto arquivo edicións pasadas

Miriam Opazo, da directiva da Asociación Civitas Limicorum,explicou polo miudo o programa que se levará a cabo nesta mermada edición 2021 do Esquecemento.

O programa desenvolverase no Toural como único escenario e comezará o venres cun espectáculo de lume e o prendido do lume sagrado, ademais dun concerto de Grimorium, a partir das 22.00 horas ata as 00.30 horas.

O sábado os actos comezarán ás 17.00 horas cun espectáculo de malabares e circo; a partir das 18.00 está prevista a entrega dos premios Bispo Idacio; ás 21.30 horas ofrecerase un concerto de Os da Porfía e de novo un espectáculo de lume. Será o domingo cando se faga a adaptación do cruce do río, a partir das 17.00. Os malabares poderán verse a partir das 19.00 horas e ás 20.30 subirá ao escenario Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Para asistir ao concerto será necesario inscribirse chamando aos números de teléfono 649 657 627 ou 678 120 607.

O mercado tradicional tamén se instalará no Toural para poder manter a distancia de seguridade. Na entrada ao recinto tomaranse os datos aos asistentes.

A cancelación do ano pasado foi dolorosa para os organizadores e tamén para os veciños e visitantes, ademais dunha traba para a economía da vila, polo que se espera que esta edición adaptada consiga manter a ilusión pola festa, sempre seguido os protocolos sanitarios.