"Traxes e Personaxes do Entroido Ourensán",

170321 Exposición Entroido Ourense 1
"Traxes e Personaxes do Entroido Ourensán",
Na exposición está presente o Entroido de Xinzo cunha Pantalla

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu á inauguración da exposición "Traxes e Personaxes do Entroido Ourensán", que se desenvolveu esta mañá no Centro Cultural José Ángel Valente.

Os elementos expostos proceden de cesións realizadas por 34 concellos -hai 44 localidades representadas-, por asociacións culturais e por particulares, entre os que se atopan peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a Morena de Laza.

Tamén están presentes na mesma traxes recuperados, logo de anos de estudo e de investigación antropolóxica, ao longo da provincia.