domingo. 27.11.2022

    O bar Monforte de Xinzo presenta o concerto de "En Mala Hora" este sábado 29 ás 23h. 

Toño Varela voz e guitarra, David Quintas guitarra e voces, Miki Faílde baixo e voces e Miguel Faílde á batería, compoñen este grupo que ten percorrido toda Galicia de escenario en escenario.

Música en directo con tributo a grandes artistas como Lenny Kravitz, Deep Purple ou Los Renaldos. Así se presentan "En Mala Hora" , con música e diversión para o público que o sábado se achegue ata o bar Monforte situado na rúa Curros Enríquez de Xinzo de Limia. O concerto é de balde. 

 

Comentarios