O trío galego Oîma chega este sábado á Arca da Noe

oima
O trío galego Oîma chega este sábado á Arca da Noe

Unha das súas integrantes colaborou con Carlos Núñez e Luar na Lubre.

Este sábado, día 17 de decembro, no local cultural A Arca da Noe de Vilar de Santos, terá lugar un concerto do grupo galego Oîma. Este trío de violín, clarinete e acordeón diatónico fai música para baile de tradición galega e europea.

Oîma está formado por Antía Ameixeiras (violín); Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). A graduada en Comunicación Audiovisual Antía Ameixeiras xa leva, aos seus 23 anos, unha importante carreira artística ás súas costas logo de ter acompañado a Carlos Núñez nunha xira polos Estados Unidos, así como de ter sido fichada por Luar na Lubre na súa nova etapa.

O espectáculo comezará ás 22.00 horas e o prezo será, coma sempre, "a gorra".