Venres cultural na Arca da Noe con audiovisual, poesía e música

decembroarca
Venres cultural na Arca da Noe con audiovisual, poesía e música

Proxección de Puteros ás 20 horas e concerto de Gelria ás 22 horas.

O vindeiro venres, día 23 de decembro, no local cultural A Arca da Noe –en Vilar de Santos– terá lugar un coloquio xunto coa proxección do traballo audiovisual Puteros, con Camilo Vila e Alba Manso. Dará comezo ás 20 horas.

A continuación, a partires das 22 horas, veciños e visitantes da comarca poderán desfrutar tamén do concerto de Gelria. Cantos de Poeta. Trátase dunha viaxe musical a través de 14 dos principais poetas galegos: Curros Enríquez, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Ramón Cabanillas, Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro, Bernardino Graña, Manuel María, Luz Pozo Garza e Chus Pato. O percorrido pola lírica galega estará guiado por textos de Manuel Rivas e acompañado de ilustracións e fotografías.