VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Músicais, na Fundación Vicente Risco, en Allariz

P1190261
VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Músicais, na Fundación Vicente Risco, en Allariz

Pasado mañá sábado, 13 de marzo, ás 20 horas terá lugar o primeiro concerto desta temporada.

VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Musicais. O primeiro concerto será Naialma o próximo sábado día 13 de marzo ás 20 horas na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz (Rúa San Lourenzo, 3).

As composicións son de Alberto Vilas, Naialma representa un traballo que o define como "íntimo e persoal" con temas que "foron crecendo dentro ao longo do tempo".

No ano 2015 Fundación Vicente Risco encetou unha nova actividade da mán da profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Estamos a falar dos Petiscos Músicais, un ciclo anual de catro concertos (un por cada estación do ano) que tivo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara. Motivo que nos animou a programar unha nova tempada, da que achegamos avance de programa.
Lembramos que a a capacidade da sala do piano é de trinta e cinco (35) persoas, pero pola normativa COVID-19 este ano o aforo será de 15 persoas, polo que a inscripción será por rigorosa solicitude e pago do correspondente abono na conta da Fundación Vicente Risco.
A doazón mínima para o abono dos catro concertos é de 40,00€. Conforme á Lei do Mecenado os beneficios da exención fiscal no caso de empresas é o 35% e nos particulares o 25%.
Lembramos que co fin de dar uso ao piano, e con independenza de que se poidan organizar outros concertos puntuais, valoramos a posibilidade de que alumnos de piano que desexen practicar acompañados do seu profesor, poderán usar o piano. Aquelas persoas que colaboren cunha doazón poderán propor un alumno, aínda que non queiran adquirir os bonos para os concertos.

Agradecemos a divulgación deste tipo de eventos que leva a cabo a Fundación Vicente Risco porque supoñen un gran esforzo para esta fundación e porque a cultura ten que continuar a pesar da pandemia da Covid-19. A Fundación desenvolve numerosas actividades ao longo do ano.

Para máis información por favor chamade ao número da presidenta Celia Pereira Porto: 605 31 92 98