Volve abrir as súas portas o Museo Etnográfico da Limia
20:12 13/02/23
20:12 13/02/23
Todos os sábados e domingos a partir do 18
O horario de apertura será o habitual, sábados e domingos de once e media a unha e media pola mañán e de catro a seis pola tarde.

Esta reapertura volve cunha cara renovada despois da presentación aos medios de diferentes publicacións: a guía, folleto e video publicitario do Museo Etnográfico da Limia e a separata do nº14 da revista Lethes: "A arracada de Vilar de Santos. A forma e simbolismo" de Bieito Pérez Outeiriño.