Volve o curso de cestería ao Museo Etnográfico da Limia

Volve o curso de cestería ao Museo Etnográfico da Limia
Un ano máis a partir do 10 de xuño
O próximo dez de xuño arrancará as dez e media un novo curso de cestería con base redonda no Museo da Limia. Este curso impartido por Sergio Moreno será os sábados 10 e 17 de xuño e os domingos 11 e 18. Durante esas catro xornadas, as persoas que asistan ao curso aprenderán e mellorarán a súa técnica, ademais de levar unha cesta de elaboración propia para casa. Se te queres apuntar só tes que escribir ao número 617303342