Volve a Feira das Mozas na 2ª edición

cartel as mozas
Volve a Feira das Mozas na 2ª edición

O próximo sábado 13 de maio

Despois do éxito acadado pola 1ª Feira das Mozas, organizada pola Asociación A Pantalla, este próximo sábado día 13 volve a praza Maior a celebración que intenta volver aos anos 50. Este ano a financiación será ao 100% por parte do concello.

1º MERCADO DE ARTESANÍA

Como primeira novidade desta 2ª edición está a celebración dun pequeno mercado artesanal pola rúa dos viños, así como unha mostra de oficios e saberes populares a partir das 17:00. A esa mesma hora comezarán tamén os “XOGOS POPULARES” ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN “o VISO”.

Ao longo de todo o día haberá tamén unha exposición na rúa dos viños titulada “A FEIRA DE XINZO A TRAVÉS DO TEMPO”.

Feira das Mozas 2022
Feira das Mozas 2022

PARTE MUSICAL

Durante todo o día, tanto a rúa dos viños, como na praza maior está garantida a música de pasarrúas a cargo de 3 grupos da Limia; LIROLAIO; TARDE PIACHE; CIDADE DE ANTIOQUÍA; OS GHALOS D´ANTIOQUÍA e calquera outro grupo que se queira achegar.

RECREACIÓN DUNHA VERBENA DOS ANOS 50

Dentro da parte musical e de espectáculo achegarase ata Xinzo os compoñentes do grupo “OXEITO” de Lugo que farán unha representación de “Unha verbena de antes”. Esta asociación traerá a Xinzo músicos para amenizar a verbena e danzantes e figurantes para recrear as personaxes que aparecían sempre nas verbenas en Galicia, como poden ser unha parella da Garda Civil ou o cego coa zanfona. Xavier Iglesias é o director de todo este espectáculo.