viernes. 02.12.2022

A Asociación AIMIL FOLC organiza un ano máis e van XII o seu Festival de Coros e Música Popular. O festival levarase a cabo na Casa da Cultura de Xinzo a partir das 19:30 do sábado 5.

A gala estará presentada pola xornalista de La Región e veciña de Cualedro Paula Palomanes.

CORO CÁNTIGAS DA TERRA da Coruña, será a agrupación invitada nesta edición. A outra agrupación será o Coro AIMIL de Xinzo.