Xinzo recupera o Festival de Coros de Música Popular tras o parón da pandemia e dando protagonismo aos alumnos do Conservatorio

coralimia
Xinzo recupera o Festival de Coros de Música Popular tras o parón da pandemia e dando protagonismo aos alumnos do Conservatorio

A proposta chegará esta fin de semana a súa undécima edición e terá a Casa da Cultura como escenario

Foron moitas as propostas culturais que a pandemia obrigou a suspender nos últimos meses. O Concello de Xinzo de Limia recuperará esta fin de semana o Festival de Coros de Música Popular, Coralimia 2021, que chega a súa undécima edición. Nesta ocasión, o Coro Aimil, da asociación organizadora, compartirá escenario con alumnos do Conservatorio Profesional de Música. Será o sábado 23 de outubro.

Os interesados en asistir deberán ter en conta que o aforo controlarase segundo o protocolo sanitario vixente, co uso obrigatorio de máscara. A entrada será de balde. Está previsto que o Festival, que conta coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, comece ás 20.00 horas.