martes. 30.05.2023

O Concello de Xinzo de Limia demostrará o seu compromiso co audiovisual galego na gala de presentación da webserie “Os tempos mortos do Führer”, prevista para mañá na Casa da Cultura. Non podía ser doutro xeito, xa que a vinculación da produción audiovisual coa vila é salientable. Javier Santana é un dos membros da produtora Conxuro Producións e coordinador do proxecto. Natural de Xinzo, está a estudar o ciclo de Produción Audiovisual no CIFP A Farixa. O director, Daniel Rodríguez, tamén se formou neste centro educativo.

A gala estará presentada pola limiá Patricia F.Santana, co presentadora do decano dos programas da galega “Luar”

Patricia F.SantanaDurante a proxección, que mestura comedia e sátira e ten unha duración de 50 minutos, os asistentes terán a ocasión de coñecer a que dedicaba Hitler o seu tempo libre, que será o argumento principal, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimentos.
A Casa da Cultura abrirá as súas portas ás 16:15 horas para o photocall. Segundo o programa, a partir das 17:30 horas comezará a gala. Tamén estará dispoñible unha exposición cos obxectos máis emblemáticos do proxecto e un cátering. Haberá intervencións da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e do elenco de actores, do que forman parte Héctor Martínez, Candela López, Marcos Vázquez, José Manuel Mao, Elena Seijo, Gemma Martínez ou Uxía Ferreira.