AXIL presentou os 10 compromisos de lexislatura

Presentación dos 10 compromisos de lexislatura
AXIL presentou os 10 compromisos de lexislatura

Amador Díaz estivo acompañado de Marcos Argibay e Moncho Gómez

Esta mañá a cita electoral estaba na praza Maior, sede do grupo independente de AXIL, para por en coñecemento da cidadanía, non unhas medidas a tomar, se non UNS COMPROMISOS de lexislatura.

DEZ COMPROMISOS

133

Amador Díaz, candidato a alcaldía e actual tenente de alcalde comezou sinalando que despois de gobernar estes catro anos, son coñecedores da situación económica do concello por mor do Plan de Axuste, pero aínda así eles están seguros e así se comprometen para levar a cabo 10 medidas que farán de Xinzo un concello máis AXIL e máis APETECIBLE para aqueles que queiran vir a vivir aquí, tanto na vila como no rural, para os que a primeira medida será un bono de 500 €, dunha soa vez, co que pensan paliar a falta de veciños e conseguir chegar outra vez a cifra de 10.000, co que a aportación estatal as arcas municipais será maior.

RESIDENCIA-MULTIUSOS INCUBADORA DE EMPRESAS...

O seguinte compromiso adquirido ante os votantes será a construción dunha Residencia para a terceira idade, así como a construción dun edificio MULTIUSOS CON AUDITORIO, nos terreos do campo da Feira. Así mesmo cara a ampliación do Polígono Industrial, a construción doutro edificio que sirva como incubadora de empresas.

No apartado cultural e deportivo, comprométense a creación dun Padroado de Asociacións Culturais e de rematar a grada do estadio J.A. Carrera, así como un anexo ao pavillón de deportes, ademais dun arranxo xeral, de posta ao día. Dentro deste apartado tamén se comprometen a celebración dunha festa gastronómica dedicada ao Pan. Non esquecer que a Limia é o graneiro de Galicia.

E para rematar facer da praza de Abastos un mercado de proximidade e a creación dunha planta de Xestión de Residuos agrícolas.