Baltar ofertará vivendas a familias en dificultades

alcalde baltar
Baltar ofertará vivendas a familias en dificultades

As vivendas que se incorporen a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta.

O Concello de Baltar ofertará vivendas desocupadas para familias en situación de risco de exclusión. Isto será posible logo de asinar o correspondente convenio de adhesión ao "Programa de vivendas baleiras" da Xunta de Galicia.

Fixarase un prezo máximo de 250 € no caso de Baltar.

O acordo, do que forman parte un total de 45 concellos galegos, fixará un prezo máximo de 250 € no caso de Baltar e a contía específica virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares ou nivel de renda dos beneficiarios.

As vivendas que se incorporen a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta mediante un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica. Xa que logo, limítase a posibilidade de desafiuzamento.