Baltar prepárase para o II Festival Parapente na Serra do Larouco

aereo 1
Baltar prepárase para o II Festival Parapente na Serra do Larouco

A cita deportiva será o 9 e 10 de xullo coincidindo co Larouco Fest

Un ano máis a Serra do Larouco vai ser o espazo no que terá lugar o festival de parapente de Baltar. Un encontro con persoas relacionads cos deportes aéreos principalmente parapente e aeromodelismo. Unha oportunidade para que os expertos compartan vivenzas e experiencias e para que o público goce coas diferentes modalidades de voo.

parapente

Os días 9 e 10 de xullo achegaranse ata Baltar pilotos de parapente, ala delta, aeromodelismo e afeccionados dos deportes aéreos.

Entre eles estará un Adrián Gándara, un mozo de Xinzo piloto de aeromodelismo que leva dende os 8 anos practicando por toda Galicia e o resto do país.

adrian

Precisamente esta modalidade é unha das que causa moito impacto entre o público pola súa combinación de voo,son fume e acrobacias extremas.

Detrás do festival de parapente atopamos un grupo de persoas e entidades entre as que destaca o Clube de parapente de Baltar. Dende a organización destacan que a cita deportiva estará complementada co festival de música Larouco Fest.